Un ceo impresionista

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Ángel D. R. Arós

Isto non é un cadro impresionista abstracto; é unha imaxe fotográfica. Isto non é un presebe; só é unha nube de gas e po. Isto non está en oriente, senón ao sur nos ceos galegos. Isto é un nacemento, pero de estrelas.

No século XVIII era só un borrón nos telescopios que podía confundirse cun cometa, e recibiu o nome de M42, nun afamado catálogo de nebulosas creado por un cazador de cometas chamado Charles Messier. Pasou a formar parte dun libro con máis de 100 nebulosas. Enxérgase a simple vista no medio da chamada espada de Orión, por baixo do cinto da constelación de mesmo nome.  Hoxe cun telescopio moderno vemos unha ampla extensión abrancuzada que, ao empregar unha cámara fotográfica e tirar 20 fotografías de 30 segundos de exposición cada unha, combinadas regálannos un mundo cheo de cor.

A nebulosa de Orión é o lugar máis preto de nós no que se forman estrelas; un proceso longo e lento. Aínda que neste caso dicir preto significa máis de 1 300 anos luz. As estrelas máis brillantes da imaxe están a diferentes distancias, entre 1 000 e 6 000 anos luz. O fotógrafo estaba máis preto, cos pés en terra apuntando ao ceo galego. Para conseguir esta imaxe fixo varios tomas individuais de moitos segundos de exposición, empregando filtros de hidróxeno alfa, xofre, osíxeno e RGB.

O autor, un dos primeiros colaboradores do nos proxecto, ten imaxes publicadas na edición deste ano de #CeosGalegos19 e tamén nos concursos para optar ás mellores imaxes dos ceos galegos do ano 2018. Aínda non votaches?

E felices festas!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Un mar de nubes

É a curiosidade a que disipará a brétema para verte en Arousa. No luar. Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos21 Sempre hai unha primeira vez. Todos tivemos unha

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

Deixa un comentario