O menos visto (e lido) de 2018

Máis interesante que volver a mirar as imaxes (e volver a ler os textos) máis vistos do ano 2018 é revisar as menos visitadas. No noso caso serve de excusa para recuperar algunhas imaxes moi interesantes e que por diversos motivos pasaron desapercibidas, pero que merecen unha segunda oportunidade.

Alumeando un novo ano era a imaxe que serviu de portada na edición do ano pasado de “Ceos Galegos 2018: calendario astronómico”. Unha fermosura de Alfredo Madrigal que aquí se amosaba no seu tamaño e proporción orixinal, sen recurtarse para entrar no formato do noso calendario.

Un globo e un acio de estrelas permitíanos explicar varios obxectos astronómicos por primeira vez. Una imaxe con esa diversidade de elementos non é nada común e aí estaba gran parte do seu valor. E retratar a nebulosa da Burbulla non está ao alcance de moitos astrofotógrafos. Neste caso, un dos nosos habituais, Pablo J. Martínez Alemparte.

Para fotografar un cono no ceo galego, o pequerrecho da parte inferior dereita, hai que irse a ceos moi escuros como os de pena Trevinca. Desde aí conseguiu Alfredo Madrigal unha foto moi interesante pola súa dificultade.

 

A imaxe das nebulosas trífida e a lagoa é unha das máis procuradas polos astrofotógrafos. Son nebulosas doadas de incluír no mesmo campo fotográfico. E as súas cores variadas crean unha fermosa paleta de contrastes. Porén, foi a primeira que recibimos en todo o ano e pasou directamente a ser publicada. Sempre fermosas e moitísima astrofísica que contar nesta imaxe. Seguro que Pablo seguirá mandando moitas imaxes coma esta.

 

Aínda que parece unha cabeza humana co cabelo ao vento, en realidade o alcume que recibe esta nube de po cósmico é o de augamar, polo seu parecido con esa especie mariña. Outra beleza de ceo fondo captada por Alfredo desde ceos moi escuros e que desvela variados elementos químicos no espazo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024