Mellores imaxes do ano 2018: resultados

Premios do Público

Categoría: imaxes “sen telescopio”.

Categoría: imaxes “con telescopio”.

Categoría: mellor foto #NubesGalegas18.

Varias das imaxes (e outras que quedaron entre as 10 primeiras) aparecen impresas na edición deste ano de #CeosGalegos19 #GalicianSkies19. Aínda podes mercalo na túa libraría favorita.

Premios do xurado

Categoría “con telescopio”:

  • Primeiro premio: A nebulosa Corazón desde Arzúa de Miguel Sánchez Varela. Si, o mesmo que na votación popular.
    • Comentarios do xurado: imaxe monocromática sen distraccións “RGB”. A impresión do corazón na nebulosa co mesmo nome está máis que xustificada. Unha imaxe moi ben equilibrada dun obxecto non demasiado coñecido. A calidade do sinal e a puntualidade das estrelas fan que a imaxe sexa extraordinaria.
  • Segundo premio: A galaxia Andrómeda (M31) desde as Louseiras de Marcos López Alonso. De novo coincidente coa votación popular.
    • Comentarios do xurado: un obxecto clásico da astrofotografía. Quizais cunha cor non moi equilibrado, o núcleo está moi ben procesado e equilibrado. O detalle dos brazos espirais cara o interior do centro galáctico ten un detalle poucas veces visto en imaxes de afeccionado.Unha imaxe de gran campo que salienta a estética desta fermosa galaxia.
  • Terceiro premio: O río negro de Rho Ophiuchi, de Alfredo Madrigal.
    • Comentarios do xurado: a beleza deste recuncho rebosa en variedade de tons aínda que as rexións de po son moi naturais. Ben resolta nesta imaxe unha mestura de nebulosas de absorción, emisión e reflexión, xunto con estrelas xigantes e cúmulos globulares, convirten a esta zona do ceo nunha das máis atractivas.
  • Mención especial: A nebulosa Iris, de Pablo Martínez Alemparte.
    • Comentarios do xurado:a foto máis equilibrada. Non é un obxecto tan visto coma outros e, aínda que as estrelas saen un pouco gordas, ten un bo procesado e está tomada cun reflector (máis difícile que cun refractor APO). A pesares de ser un obxecto tan pequeno consíguense detalles que aportan un aspecto tridimensional moi real. O contraste entre a nebulosidade alumeada pola estrela do seu interior e as zonas de gas e poescuras que a arrodean fai que destaque sobre o fondo estrelado da Vía Láctea.

Categoría sen telescopio:

  • Primeiro premio: a Pedra do Brazal, de Fins Eirexas. Por unanimidade do xurado.
    • Comentarios do xurado: unha imaxe que encanta. Orión, o Bucle de Barnard, Sirio, o alumeado do horizonte e a rotundidade e fraxilidade ao mesmo tempo das rochas no primeiro plano. Moi bonita.
  • Segundo premio: Cortando o ceo, de José Gadea Santos.
    • Comentarios do xurado: unha idea orixinal e ben executada. Moi creativa, o xiro das coitelas abrindo a Vía Láctea e M31 compensando no recuncho. Moi evocadora.
  • Tercer premio: Noite nas minas, de Julio Castro Pardo.
    • Comentarios do xurado: moi ben composta e moita calidade. O xogo das luces naturais e artificiais, coa reflexión na auga e o ardo da Vía Láctea dominando a escena fan desta unha instantánea poderosa.
  • Mención especial: A pantasma dos Ancares de Luis Vilanova.
    • Comentarios do xurado: imaxe extraordinaria polo que representa. Un fenómeno moi atípico e raro de cazar.

Outras categorías:

Todo isto grazas aos colaboradores que aportaron produtos para os premios e á venta do noso calendario #CeosGalegos19 #GalicianSkies19. Aínda estás a tempo de facerte co teu.

Poderías gostar de...

Ás voltas co ceo estrelecido

Imaxinades ter ollos que foxen quen de rexistrar a luz que lles chega durante minutos? Pola noite descubrirïamos que o ceo xira ao redor das

Flores no ceo, flores na terra

Vistes as flores celestes? Máis ben son as flores cósmicas. Aí, no medio desa nube que se estrica en diagonal pola imaxe, semellan caraveis rosas.

O ano das auroras boreais galegas

Querido mañá, se cando leas isto eu xa estiver lonxe no tempo e no espazo que saibas que hai auroras inauditas coa rubién do que

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2025