A pedra do Brazal, mellor imaxe sen telescopio 2018

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

Unha cámara de fotos réflex, un trípode, moita paciencia e gusto estético son os ingredientes para obter unha imaxe de premio. Neste caso combina a fermosura da terra coa do ceo, desvelando incluso detalles e nebulosas inaprezables a ollo ceibe. Esta imaxe xa apareceu publicada na nosa web durante o ano pasado e, a xuízo do xurado profesional, foi merecedora do primeiro premio na categoría “sen telescopio”. E foi por unanimidade dos tres membros do xurado. Tal e como quixeron destacar: “unha imaxe que encanta. Orión, o Bucle de Barnard, Sirio, o alumeado do horizonte e a rotundidade e fraxilidade ao mesmo tempo das rochas no primeiro plano. Moi bonita.”

Orión, o guerreiro do ceo, parece estar de acabalo da Pedra do Brazal ou Cabalgada (Dumbría, A Coruña). Unha formación granítica produto da erosión co paso do tempo nunha escena que xungue xeoloxía e astronomía. A escena é atravesada polo ronsel dun meteoro das xemínidas, no mes de decembro do ano pasado, moi preto do seu máximo. Estes meteoros parecen saír da constelación dos Xemelgos.

O autor empregou unha cámara réflex Nikon D600 cun obxectivo Nikkor Al 28 mm e f/4. Á cámara retiróuselle un filtro de infravermellos que trae de serie para captar toda a luminosidade dos obxectos astronómicos. Tiráronse 13 tomas de 90 segundos de exposición cada unha, durante a mesma noite do 23 de decembro de 2017. A paisaxe foi alumeada mediante unha lanterna frontal de cor vermello e coa luz do móbil.

Unha imaxe que non tivo oco no noso calendario #CeosGalegos19 #GalicianSkies19 como outras do mesmo autor.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “A pedra do Brazal, mellor imaxe sen telescopio 2018”

  1. Pingback: Alnitak, o cinto – Ceos Galegos
  2. Pingback: Costa da Morte estrelada, premio do xurado - Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.