Unha lúa avermellada

Créditos da imaxe: Ángel D. R. Arós

Nesta madrugada a nosa Lúa atravesará o cono de sombra que a Terra proxecta no universo. A lúa chea mudará a súa cor branco cincento en vermello, xa que a atmosfera terrestre filtra e refracta a luz do Sol, no momento da totalidade. O proceso de refracción da luz provoca que sexan os tons avermellados os que se dirixen á Lúa, nun fenómeno semellante ao que provoca a coloración dos solpores terrestres. Ao final escurecerá de todo, ao carecer de luz. E voltará a repetirse a secuencia a inversa.

As eclipses de Lúa, pola súa frecuencia e extensión, pódense ollar case cada ano desde medio planeta. As efemérides son tan precisas como os cálculos da mecánica celeste o permiten, deixando de ser un misterio hai xa séculos. Co que non podemos loitar aínda é cunha meteoroloxía adversa como a que, neste caso, parece que imos sufrir.

Así, no noso país a eclipse ocorrerá entre as 4:34 e 7:51, na madrugada que vai do domingo 20 ao luns 21 de xaneiro. A fase da totalidade, a máis salientable, será entre 5:41 e 6:43, sendo ás 6:12 o punto de aliñamento perfecto do sistema Lúa-Terra-Sol. Nese intre a Lúa erguerase algo máis de 29º por riba do horizonte.

Observar unha eclipse de Lúa é completamente seguro sen ningún tipo de instrumento especial (ao contrario do que pasa coas eclipses solares). Aínda así, estar nun lugar preto e adaptar os nosos ollos á escuridade (evitando mirar farolas e pantallas electrónicas, por exemplo) axudará a gozar do mesmo. E varias asociacións e agrupacións de amadores da astronomía realizarán eventos públicos por todo o país. Polo momento temos constancia destas:

A anterior eclipse que puidemos gozar tivo lugar o pasado 27 de xullo. Aínda que tamén as nubes dificultaron a súa contemplación en moitos lugares, o feito de ser en fin de semana favoreceu a súa persecución buscando sitios despexados. Así foi como o autor da nosa imaxe conseguiu retratar á lúa vermella desde terras de Lemos.

Moito menos interesante, na noite do 16 ao 17 de xullo ocorrerá unha eclipse parcial de Lúa. Seguro que con mellor meteoroloxía.

Poderías gostar de...

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

A muiñeira das auroras

Estamos a vivir unha tempada extraordinaria. Unha actividade solar en máximos históricos está a provocar que poidamos gozar das auroras boreais desde o noso país.

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

5 comentarios en “Unha lúa avermellada”

  1. Pingback: Concurso de imaxes da eclipse de Lúa do 2019 – Ceos Galegos
  2. Pingback: Lúa vermella e Lúa azul – Ceos Galegos
  3. Pingback: A eclipse viguesa completa – Ceos Galegos
  4. Pingback: Unha eclipse coruñesa – Ceos Galegos
  5. Pingback: A capela lunar – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.