Unha eclipse coruñesa

Créditos da imaxe: Eduardo Barro

Onte a Terra se meteu polo medio do Sol e da Lúa. Ou, mirándoo doutro xeito, a Lúa pasou polo cono de sombra que o noso planeta proxecta no universo na dirección oposta ao Sol. A eclipse lunar total durou varias horas, máis en moitos lugares viuse reducido pola meteoroloxía. Pero a paciencia ten a súa recompensa como lle pasou ao autor desta imaxe. Só 15 minutos de apertura entre nubes permitiron esta fermosa estampa xusto ao carón dun dos monumentos máis sobranceiros do país. Rematando a fase da totalidade da eclipse lunar o noso satélite aparece tinguido aínda dun vermello característico. Trátase da luz do sol que se filtra e refracta pola nosa atmosfera, facendo que cheguen a superficie lunar as cores avermelladas do espectro da luz. Pero o descenso do luar permite incluso ver estrelas ao seu carón que doutro xeito non se verían. Así, ao redor espállanse a constelación do Cangrexo. Á dereita da  Torre de Hércules estaría a constelación dos Xemelgos. Por baixo da Lúa anda o Can menor, xa fóra do plano.

Para unha toma coma esta empregáronse unha cámara Nikon D5300 e un obxectivo 70-300. Cumpriron un tempo de exposición de 2 segundos e unha sensibilidade ISO 1000.

Esta imaxe xunto a outras que estamos a recibir participará no concurso que organizamos de fotos da eclipse total de Lúa deste 21 de xaneiro.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha eclipse coruñesa”

Os comentarios están pechados.