A eclipse viguesa completa

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Nunha eclipse lunar o satélite vaise escurecendo pouco a pouco ata que de súpeto aparece completo cunha cor avermellada, para de novo escurecer e seguir o camiño inverso.

Ata o alto do monte do Cepudo (Vigo, Pontevedra) subiu o noso autor para non perder ningún momento da eclipse. Comezou cunha toma xeral ás 3:30 da madrugada do pasado luns 21 de xaneiro na que situar despois as referencias. A paisaxe aparece co alumeado natural aportado polo luar. A eclipse comezou pola imaxe superior e rematou na imaxe inferior, tomada sobre as 7:45, xa con todo o equipamento fotográfico e astronómico pingando pola abondosa humidade. A altura da Lúa sobre o horizonte correspóndese fielmente coa realidade. O noso satélite vai descendendo pouco a pouco debido sobre todo ao movemento de rotación terrestre. Esta noite andaba entre os Xemelgos (as dúas estrelas brillantes á súa dereita son Cástor e Póllux) e o Can menor (a estrela brillante da esquerda e abaixo é Proción). Ao longo da noite estas estrelas tamén foron descendendo ata perderse no horizonte, por detrás das illas Cíes, aínda que aquí a foto do ceo fixa serve de referencia.

Botando unha ollada á historia da astronomía, a observación de eclipses lunares coma esta permitiu verificar que a Terra tiña forma esférica, unha vez decidido que é a sombra do planeta a que aparece proxectada sobre o satélite. Indo máis alá, Aristarco de Samos (século III a.C.) puido facer unha estimación do tamaño da Lúa mediante cálculos xeométricos moi sinxelos.

Imaxes da Lúa tiradas cunha cámara Sony A6000 acoplada a un telescopio refractor W.O. ZenithStar 80 II, axustando a sensibilidade a cada toma para acadar o contraste correcto. A imaxe da paisaxe foi realizada cunha cámara Canon EOS60D cun obxectivo Sigma 10-20.

A imaxe participa no noso concurso de fotos da eclipse. A que agardas para enviar a túa?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023