Un falso amencer

Créditos da imaxe: Eduardo Rivera

Neste horizonte da montaña ourensá hai moitas fontes luminosas. A máis evidente perfila todo o horizonte; a contaminación luminosa que resulta ubicua, incluso en lugares coma este que teñen a certificación de destino turístico Starlight. A nube luminosa que ascende cara a dereita é a nosa propia galaxia; millóns de estrelas emitindo a súa luz que resulta esparexida polo po e o hidróxeno que abunda no espazo interestelar, moito máis nesta zona que é o plano principal da nosa galaxia.

Unha terceira fonte de luz resulta máis difícil de ver. Forma un ángulo coa Vía Láctea e ascende cara a esquerda; é a luz zodiacal. Coa forma de cono alongado non é o amencer madrugador, pero tamén se debe ao Sol. É a luz da nosa estrela esparexida polo po que hai no plano da eclíptica, o plano principal no que orbitan todos os planetas do noso Sistema Solar. Tamén recibe ás veces o nome de falso amencer ou falsa alborada.

Á dereita destaca a estrela máis brillante do ceo nocturno invernal; Sirio, no Can maior.

A imaxe foi tomada na noite de Reis desde o Mirador As Tablillas en Valdín (A Veiga, Ourense). Tan completa que nos serve para dar a benvida a un novo autor ao noso proxecto que, seguro, enviará fermosas imaxes no futuro.

Tes fotos da eclipse lunar do 21 de xaneiro? Estamos a crear a galería máis completa. Sorteos e premios ás mellores.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Un falso amencer”

Os comentarios están pechados.