Concurso: vota a eclipse de Lúa 2019

Xa podes votar a/s túa/s imaxe/s preferidas da nosa galería de “Eclipse de Lúa 2019”. Aquí están xuntas (case) todas as imaxes feitas da eclipse do pasado 21 de xaneiro no ceo galego. Ata as 24:00 do día 29 de xaneiro aínda poderán chegar máis. Pero xa podes empezar a votar as túas favoritas ata as 24:00 do 4 de febreiro. E, entre todos os usuarios que votedes algunha/s imaxe/s, sortearemos 3 lotes de:

O martes 5 publicaremos a lista de votantes (sen datos persoais) que será verificada polo mesmo xurado do concurso de fotos. O sorteo realizarase o mércores 6 as 13:00 horas na web (Randorium). Ás 9:00 faremos pública a ligazón directa ao noso sorteo. Os/as afortunados/as recibirán un correo electrónico ou aviso por redes sociais, tendo 10 días para enviarnos un enderezo físico para recibir o regalo.

E lembra que cos teus votos están contribuíndo a elixir o premio á mellor foto eclipse lunar 2019 do público.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024