Na espada do cazador

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Igor Piñeiro

O ceo invernal está dominado pola constelación de Orión, o cazador. As súas estrelas forman unha das poucas constelacións doadas de recoñecer no ceo e que incluso lembran á figura mitolóxica que recrean. Unha chea de nebulosas de todo tipo, cúmulos e outros obxectos de ceo fondo, fan dela unha das constelacións máis fotografadas do noso ceo.

A imaxe ofrece un campo bastante amplo ao redor da espada da constelación, que inclúe a famosa nebulosa de Orión. Coñecida tamén como M42, está dividida da máis pequena M43 ou nebulosa de Mairan (na honra do seu descubridor no século XVIII, un astrónomo francés do mesmo nome) apenas por un filamento escuro. Agora sabemos que se trata dunha soa nebulosa. Na imaxe parece a cabeza por riba da nebulosa grande.

Por riba do dúo M42 e M43 está un conxunto de nebulosas que nos catálogos se rexistran como NGC1973, NGC1975 e NGC1977. A primeira ten nome de seu, nebulosa do corredor pola súa aparencia (en imaxes máis definidas) a un home correndo. Por riba delas varias estrelas máis brillantes forman parte do cúmulo denominado NGC 1981. Por baixo das grandes nebulosas, outro pequeno cúmulo estelar aberto denominado NGC 1980. Entre os dous semellan enmarcar este conxunto de nebulosas.

A imaxe é a primeira que publicamos e serve de benvida para un autor novel que promete. Foi tomada desde o recinto do Observatorio Astronómico de Cotobade (Cerdedo-Cotobade,  Pontevedra) cunha soa toma de 3 minutos de exposición, o pasado 29 de decembro e procesada posteriormente para salientar as nebulosas. Empregouse unha montura dotada de seguemento SkyWatcher Star Adventurer. O resto dos datos:

  • Cámara fotográfica: Canon EOS 77D.
  • Valor de apertura: 5.6.
  • Velocidade: ISO 800.
  • Obxetivo EF-S55-250mm f/4-5.6 IS STM.
  • Distancia focal 250.0 mm.

Visita a nosa galería de fotos da eclipse lunar do 21 de xaneiro e vota polas mellores, antes do 4 de febreiro.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Xogando coas cores

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

1 comentario en “Na espada do cazador”

Deixa un comentario