Premio do público á mellor eclipse lunar

  • A eclipse dende Amoedo (Pazos de Borbén, Pontevedra), imaxe tirada por Mauro. Contou coa indispensable colaboración da súa nai, responsable de facer que acordara a tempo pois Mauro ten 10 anos. A imaxe foi tirada cun móbil acoplado a un pequeno telescopio.
  • A eclipse entre nubes, de Borja. Foi tomada desde o miradoiro do monte Cepudo (Vigo, Pontevedra). Foi quizais o lugar con máis fotógrafos da eclipse por metro cadrado desta volta. Realizada mediante cámara Canon EOS 1100d.
  • Umbra, de Aleixandrus. Creación a partires de 9 tomas realizadas desde Bueu (Pontevedra).

Parabéns a Mauro polo trunfo.

Moitas grazas aos case 400 participantes na votación. Mañá coñeceremos as 3 persoas gañadores do sorteo. Publicaremos nas redes sociais e actualizaremos esta noticia a primeira hora do 6 de febreiro coa ligazón á web do sorteo: na web Randorium. Resolveuse ás 13:00 horas, sendo os gañadores Carmen (xa contactou connosco), Vanesa (pendentes de contactar) e Nacho (que no sorteo puxemos NchBlnc) do que non sabemos o enderezo.

O xoves coñeceremos o premio Divulgacción á imaxe máis didáctica e o venres primeiro premio do xurado.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024