A mellor imaxe didáctica da eclipse lunar

Créditos das imaxe: Aleixandrus

Ata Bueu (Pontevedra) viaxou o noso autor para ter garantía de ceos despexados. Grazas a iso acadou varias tomas das diferentes fases da eclipse lunar do mes pasado. Xuntounas no mesmo panel, representando o avance da sombra da Terra sobre o noso satélite natural. No centro, reservado para a fase da totalidade, aprézase o ton avermellado característico. Débese a que a pesares de pasar a Lúa pola sombra que proxecta a Terra no espazo, polos bordos da atmosfera refráctase algo de luz favorecendo sobre todo as compoñentes vermellas (coma nun solpor terrestre) que acaban por alumear a superficie lunar.

Sobre a imaxe debúxase a circunferencia equivalente á sombra que proxecta a Terra. Vemos así como foi o paso da Lúa por esa zona do espazo, lixeiramente descentrada. Tamén, os momentos exactos de cada unha das tomas.

Esta imaxe foi merecedora do premio único outorgado pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica á imaxe máis didáctica da eclipse lunar. Grazas a iso, o seu autor recibirá un diploma acreditativo na gala anual e un lote de libros publicados por socios desa asociación:

Precisamente en Bueu, na libraría Miranda, está a venda a edición deste ano de #CeosGalegos19 ata dentro duns días, que o retiraremos do mercado. Ao igual que dos máis de 30 puntos de distribución do resto do país.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024