Antonia, a primeira astrónoma

Créditos da imaxe: arquivo familia Ferrín Moreiras (vía Consello da Cultura Galega)

A primeira astrónoma galega, pero tamén española. Despois virían moitas máis. E hoxe contamos con, entre outras, Minia Manteiga (Universidade da Coruña), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Josefina Ling (Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Universidade de Santiago de Compostela), Cristina López (Instituto de Astrofísica de Andalucía)…

Un camiño iniciado en 1920 por Antonio Ferrín Moreiras, cando colleu da man ás súas catro fillas e saía do Carballiño (Ourense), onde era mestre de matemáticas, cara Santiago de Compostela. A súa teima era procurarlle un futuro para as súas nenas naquela España escura e tercermundista, nun país atrasado onde a educación reducíase ao mínimo e ao alcance só de xente de cidade. Hai 100 anos, tentar prosperar de xeito honesto pasaba por estudiar na universidade. A terceira filla, Antonia, tiña entón 6 anos. En Santiago conseguiu rematar os estudos de secundaria e, xa na Universidade, fixo as carreiras de Química e Farmacia. En 1934 aparece como axudante de prácticas de docencia, sen cobrar, como moitas pioneiras da ciencia nos primeiros tempos que procuraban facerse un oco nun mundo de homes. Compaxina varios traballos de clases particulares en centros privados cos estudos e o ensino na universidade. Durante a guerra civil unha denuncia anónima afástaa da docencia universitaria, pero en 1940 recorre o expediente e resulta readmitida. Nesa década marcha á Universidade Central de Madrid (hoxe a Complutense) para rematar a carreira de Ciencias Exactas (hoxe Matemáticas) que comezara xa en Santiago.

En 1963 convertiuse na primeir muller española en defender unha tese en astronomía, sendo tamén a primeira tese que se presentaba na recén nada Facultade de Matemáticas da USC. O seu titor, Ramón María Aller, astrónomo e sacerdote, fundara nos anos 50 o Observatorio Astronómico da USC que agora leva o seu nome. Alí Antonia fixo o seu traballo profesional de astrónoma non conseguindo que á morte de Ramón ficar traballando no observatorio. A praza existente foi suprimida. En 1964 acadou o nomeamento de Catedrática Numeraria de Matemáticas da Escola Feminina de Maxisterio Santa María da Universidade Central de Madrid, onde traballará ata a súa xubilación forzosa en 1984.
O seu traballo astronómico marcou a traxectoria, aínda actual, do observatorio santiagués. Así contribuíu con medidas de estrelas dobres, ocultacións estelares pola Lúa, medidas astrométricas e determinación de pasos por dúas verticales.

Morre en Santiago o 6 de xullo de 2009. Antonia Ferrín Moreiras foi a primeira astrónoma profesional galega e española. No día de hoxe conmemórase o Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia.

 

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024