Unha eclipse de premio

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

Os días de Lúa chea astrónomos e astrofotógrafos fican na casa. Para os amantes da Lúa é o peor día para a súa observación con prismáticos ou telescopios. Ao estar perfectamente alumeada polo Sol, con este xusto por riba, non aparece o relevo dos seus cráteres, montañas ou vales. O resto dos días, nas diferentes fases, preto da zona do terminador lunar as sombras provocadas pola luz solar lateral salienta os diferentes accidentes xeográficos.

Coa Lúa chea o brillo do ceo é tan alto que resulta difícil observar por telescopio astros ou obxectos que requiren da maior escuridade. Son días de ficar na casa para descansar ou adicarse a outros pasatempos. A non ser que che guste a fotografía nocturna ou paisaxística para as que o luar pode ser interesante.

A excepción está nas noites de eclipse total de Lúa. A primeira evidencia é que só acontecen nunha noite de Lúa chea, tal e como unha eclipse solar ten que ser en días de Lúa nova. Ollar a eclipse lunar está ao alcance de calquera persoa sen necesidade de ningún instrumento óptico. Pero o seu fotografado é cuestión á parte. Os cambios de iluminación, os diferentes contrastes, acadar un bo enfoque e que aparezan estrelas máis afastadas no mesmo plano non está ao alcance de calquera.

A imaxe de hoxe foi por méritos propios a escollida polo noso xurado como a mellor imaxe da eclipse lunar do ceo galego de 2019. Foi feita desde o miradoiro do monte Cepudo (Vigo, Pontevedra), lugar no que esa noite tivo unha das maiores concentracións de astrofotógrafos do ano. Uns minutos despois do máximo da eclipse e con 2 segundos de exposición conseguiuse esa definición coas estrelas da constelación do Cangrexo ao redor. E aínda houbo unha migalla de sorte pois no intre do máximo o ceo andaba anubrado.

Parabéns!

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026