O ceo galego promedio desde o espazo

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Johannes Kroeger

Ao longo dun ano no ceo hai nubes, tormentas, sol, claros… Máis alá do mito de que no noso país sempre chove, derrubado polo traballo de décadas de axencias públicas de meteoroloxía coma MeteoGalicia ou AEMET, ou o mito contrario de que “xa non chove coma antes”, seguimos a ter a sensación de predominio de nubes nos nosos ceos. Pero como en todo territorio amplo onde a xeografía ten moito que dicir, e temos montes a moreas, rías, costa, interior… un ano dá para moito.

Johannes Kroeger estivo a examinar as imaxes tiradas por un instrumento denominado VIIRS ao bordo dun satélite espacial Suomi NPP. É un radiómetro do infravermello e no visible que aporta información en función da cobertura do territorio (neve, xeo ou nada) e da capa de nubes. Así, tomando un píxel cada día do ano obtivo o promedio ou, mellor dito, a mediana, de cobertura de nubes para ese territorio. Obtemos así esta imaxe onde as gradacións de branco indican a presencia de máis ou menos días de nubes, de xeito gráfico.

Aínda que a imaxe permite ter unha idea xeral das nubes habidas, non das precipitacións, está claro que non pode chover se non hai nubes. Se tiramos de datos anuais recompilados por MeteoGalicia o ano 2018 resultou ser un ano húmido, máis da media dos anteriores anos. Un 50% máis húmido que o ano anterior pero un pouco máis seco que o ano 2016.

Os datos do VIIRS son empregados para medir as propiedades das nubes e dos aerosois presentes na atmosfera, a cor do océano, a temperatura superficiel de mares e terras, temperatura e movemento do xeo, os lumes e o albedo da Terra. Todo iso permite a climatólogos estudar en detalle o cambio climático.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023