Non todo é o que parece amigo

Créditos da imaxe: Fins Eirexas

A Lúa non está chea, non se alumearon as pedras de xeito artificial, ese monte non é de granito, non é verán a pesares do ceo azul e non se usou telescopio para a imaxe. Unha fotografía onde (case) nada é o que parece.

A Lúa chea é un momento moi preciso no que o sistema Sol-Terra-Lúa están aliñados, estando o noso satélite alumeado por completo desde unha posición cenital. Non acontece unha eclipse (normalmente) porque a órbita da Lúa ao redor da Terra están nun plano diferente á órbita da Terra ao redor do Sol. Esta imaxe tirouse a finais do mes de xaneiro do ano pasado un día antes á Lúa chea. Pode aprezarse en que as rexións da esquerda do satélite amosan o relevo característico pola xogo de luces e sombras feito pola luz solar. Conséguese así tamén que a paisaxe reciba a luz crepuscular do Sol aparecendo claramente nas fotografías.

Este monte, o pico Sacro, é unha rareza de seixo nun país feito de granito. Xeoloxicamente estúdase como un dique de cuarzo que emerxeu ao chocar os continentes Gondwana e Laurassia no momento de formación do noso territorio, hai  350 millóns de anos.

O autor da imaxe usou un teleobxectivo para a súa realización, motivo polo cal a Lúa aparece tan grande na imaxe. Está ampliada ao respecto do que ollaríamos a simple vista. Perfilado sobre a superficie lunar aparece un vértice xeodésico, pero a súa historia queda para outro día.A imaxe aparece no mes de xaneiro da edición #CeosGalegos19 #GalicianSkies19 que desde o mes de novembro está presente en 36 librarías e pequenos comercios galegos. Se aínda non te fixeches con el quédanche 3 días. O luns 18 de febreiro retirarémolos do mercado.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026