O espléndido Sol de inverno

Créditos da imaxe: Lucía Canda Lino

Ergue a cabeza e mira ao ceo. Así, en xeral, se non queres perder o espectáculo que acotío nos amosa a natureza. Pero nas frías mañás de inverno, escasas este ano, máis aínda. Só así podes contemplar espectáculos naturais coma este: un perfecto aro irisado arrodeando ao Sol. Isto é un halo solar. Pode aparecer de noite na lúa, en calquera época do ano, na nosa latitude ou máis preto das zonas polares (onde son máis comúns). Pero o que sempre necesita é a presenza de nubes altas do tipo cirrustratos, que levan millóns de cristais de xeo no seu interior, e un pouco de sorte. Non se poden predicir, así que hai que estar atentos.

A súa orixe están na propia natureza da luz solar que leva no seu interior todas as cores do arco da vella. Ao refractarse, é dicir, ao pasar por lugares con diferente densidade, os fotóns de cada cor levan camiños diferentes en función da súa lonxitude. En vez de chegar aos nosos ollos todos xuntos en forma de luz branca, aparecen afastados da diferente gama cromática.

A nosa colaboradora de hoxe atopou o fenómeno en Poio (Pontevedra), nun frío deía do pasado mes de febreiro. Axiña pegou da súa cámara Canon EOS 4000D cun obxetivo 18-55 mm. Axustou os parámetros cunha sensibilidade 100, focal 20 e velocidade de obturación 1/640. Como o fenómeno do halo adoita ser moi amplo decidiu tirar dúas imaxes que despois uniu mediante aplicacións informáticas, así como os axustes e correccións precisos, deixando eses dous reflexos internos da óptica da propia cámara.

Así e todo hai que ter coidado e non mirar directamente ao Sol, sempre pode ser perigoso.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024