Un novo aliñamento astronómico

Créditos da imaxe: Noa Táboas

O pasado 20 de marzo, coincidindo co comezo da primavera, o solpor tivo lugar xusto por tras do monte do Faro das illas Cíes. Un lugar sen dúbida singular e que podería servir para crear un moderno observatorio astronómico no lugar de realización da imaxe, a praia de Samil.

Os movementos regulares do sol no ceo, xunto coas fases lunares, son os primeiros descubrimentos astronómicos da humanidade. O seu rexistro e predición permitiron os primeiros calendarios. De cada vez son máis numerosas as referencias astronómicas que se están a descubir en petróglifos, castros e outros restos prehistóricos. Coñecer o paso das estacións era necesario para poder establecer as tarefas prioritarias da tribo.

Este Sol case oculto perfila á perfección o faro de Cíes, as súas antenas e o contorno da montaña. Ademais podemos ver que a propia estrela non ten unha forma redonda, debido a fenómenos de refracción atmosférica. A esa altura o aire está en capas de diferente densidade, polo que a luz viaxa por elas a velocidades distintas ao ter diferente índice de refracción. Iso provoca que a imaxe do sol estea distorsionada cando coinciden capas de densidade desigual, como se ve no serrado do seu bordo.

Unha imaxe moi ben planificada pola nosa fotógrafa, que conta tamén con outras dúas imaxes na edición deste ano de #CeosGalegos19 #GalicienSkies19. Empregou a súa Nikon D810 cunha focal de 600 mm e unha exposición moi rápida, de 1/1250 e ISO 100.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

1 comentario en “Un novo aliñamento astronómico”

  1. Pingback: Xa é primavera – Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.