U-lo burato negro?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
[su_carousel source=”media:1952,1951,1949,1950″ link=”image”]

Créditos das imaxes: Alfredo Madrigal, EHTelescope e xkcd.  

No ano 1781 o astrónomo francés Charles Messier andaba na procura de todas as nebulosidades que no seu telescopio o distraían de descubrir novos cometas. Na constelación da Virxe atopou un borrancho máis entre outros 7 e incluíuno no seu catálogo, tocándolle o número 87.

Nebulosa sen estrela, na Virxe, por baixo e bastante preto dunha estrela de magnitude octava(…). Esta nebulosa semella da mesma luz que as dúas nebulosas núemros 84 e 86.

Charles Messier, Catálogo.

Para os astrónomos amadores a maior parte das veces non é máis ca iso, un borranchiño no ocular que, aínda sabendo que se trata dunha enorme galaxia elíptica, non deixa pegada na memoria. Ata nas imaxes ten a mala sorte de ser pouco fotoxénica ao carecer de estruturas distinguibles como as fermosas galaxias espirais. Pero no seu interior garda un segredo, un burato negro supermasivo como a gran maioría das galaxias grandes. E estes días adquiriu protagonismo por ser o obxectivo do primeiro intento de acadar unha imaxe real dun burato negro.

Hai anos varios países uniron esforzos e radiotelescopios para tratar de afondar nun dos misterios máis atraíntes da cosmoloxía. Sabiamos da existencia dos buratos negros, lugares tan masivos que nin a luz é quen de fuxir da súa influencia e por tanto invisibles para os telescopios ópticos, pois non emiten nada. A imaxe publicada é, máis ben, unha mostra do moito que descoñecemos aínda. Porque o retratado é o gas que rodea ao burato negro, o material emitido polas estrelas que caen no seu rango de atracción e que se van quentando ata que son quen de emitir radiación en forma de ondas de radio, detectadas polos radiotelescopios e coloreadas en función da súa temperatura. No interior da imaxe, no centro e aínda imposible de ver, está o burato negro. Pero tamén no interior da imaxe cabería todo o noso sistema solar e todo o espazo que fomos quen de visitar con sondas espaciais. Porque ata o lugar ao que chegou a Voyager I, a nave humana máis afastada da Terra, aínda cabería no interior da negrura do centro da imaxe.

Temos un burato negro aínda máis preto, o que domina o interior da nosa Vía Láctea. Pero moito máis pequeno que o monstro do interior de M87. E axiña teremos tamén unha imaxe del.No seu momento publicamos xa unha imaxe desa galaxia, compartindo protagonismo coa cadea de Markarian, unha espectacular colección de galaxias que semellan aliñarse nos nosos ceos.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023

3 comentarios en “U-lo burato negro?”

Os comentarios están pechados.