Se onte foi lúa chea mañá será Pascua

Créditos da imaxe: Miguel Sánchez Varela

As vacacións de Semana Santa fluctúan de ano en ano debido á súa orixe astronómica. En xeral, a Pascua correspóndese co primeiro domingo que segue á primeira lúa chea da primavera. Tocáballe hai un mes, pero no ámbito eclesiástico contan as lúas de xeito un tanto particular.

A lúa chea implica mareas vivas, ao igual que a lúa nova. A atracción gravitacional do noso satélite mailo Sol actúan en conxunto ou en oposición provocando máximos de atracción, o que afecta aos grandes volumes de auga libre dos océanos en forma de mareas. O contrario ocorre nos casos onde ámbolos dous astros están en ángulo recto, nos cuartos crecente e minguante lunares. A súa acción conxunta contraponse dando lugar ás mareas mortas ou o punto máis baixo do devalo.

Porén, os días de lúa chea son os peores para a observación astronómica. A observación do satélite ten pouco interese porque está plano, sen contrastes, sen luces e sombras. A luz solar impacta desde o alto e dificulta albiscar cráteres, montañas, vales e o resto da xeografía lunar. Aquí temos a imaxe do sexto día do mes lunar, onde esta estaba alumeada ao 39%. A orientación da imaxe correspóndese co norte á esquerda e o leste arriba. Na parte inferior da imaxe aínda non chegou a luz solar, polo que nese límite denominado terminador os contrastes son máis acusados. A cantidade de detalles interesantes é enorme. Por citar un, no interior do cráter superior, Posidonious, apreciamos máis cráteres pequenos. Reciben os nomes de Posidonius A e B. É pouco fondo; o seu interior encheuse por fluxos de lava no pasado. Aínda así presenta un sistema de gretas denominado Rimae Posidonius. Á dereita deste cráter, a uns poucos centos de quilómetros e xa fóra do cadro, chegaríamos o lugar da primeira aterraxe humana, a Apollo XI.

A imaxe tirada desde terras do queixo foi creada a partires do amoreado do 25% dos fotogramas dun vídeo de 3 minutos. O equipo formado por un telescopio Orión Maksutov-Newton 190/1000 sobre unha montura NEQ6 Pro II ao que se lle acoplou unha cámara QHY5II Mono.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Se onte foi lúa chea mañá será Pascua”

Os comentarios están pechados.