Todo o ceo

Créditos da imaxe: Alfredo Madrigal

Onde a Vía Láctea se perde no horizonte cadra aproximadamente co leste, na dereita, e co oeste na esquerda. Queda así a zona norte baixo o arco da nosa galaxia e o sur no extremo esquerdo da imaxe. Alí aparece outra nube luminosa que parece ter forma triangular coa base no límite da terra e espallándose cara arriba é a esquerda. No medio, destaca unha estrela que en realidade é o planeta Marte.

Que é esa luz? Chamada ás veces o falso amencer é a luz zodiacal. Unha chea de po interplanetario compartindo o plano polo que orbitan os planetas. Así, esparexe a propia luz do Sol semellando unha nube moi feble captada pola longa exposición da cámara do fotógrafo. Algo similar ao fenómeno de ver a nosa propia galaxia, só que neste caso se esparexe a luz de milleiros de estrelas pola abundancia de po intergaláctico.

Na imaxe hai moito máis, todo o ceo. Á dereita do arco da vía láctea está ben definida a constelación de Orión. Por riba dela está o cúmulo das Pléiades. No extremos superior da imaxe, algo á esquerda do centro, estrícase a galaxia de Andrómeda, deformada pola proxección da parte alta do ceo de simetría esférica nunha imaxe plana. E moito máis, o ronsel dun meteoro, outras estrelas brillantes das famosas e, sobre todo, a ubicua contaminación luminosa que todo o invade ao longo do horizonte.

Todo o ceo galego de inverno nun mosaico de 18 fotos en vertical tiradas a comezos do pasado mes de xaneiro. Realizadas cunha focal de 16 mm a f 2.8 e unha exposición cada unha de 25 segundos e sensibilidade de iso 6400.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Todo o ceo”

Os comentarios están pechados.