Nube de chirlomirlos

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: María Luisa Domínguez

As nubes galegas son do máis variado. Nubes con formas algodonosas, de tormenta, de orixe humana, vermellas no solpor… Pero atopar nubes negras e tan móbiles como esta non é tan habitual. Unha ollada atenta descubrirá axiña que en realidade está formada por milleiros de elementos individuais: chirlomirlos ou estorniños. Paxaros que se reúnen á tarde e que crean figuras no ceo nun movemento aparentemente sincronizado.

Como o conseguen? Ensaian pola noite os seus voos diurnos para chegar a esa beleza? Pois a ciencia ten estudiado este fenómeno desde diferentes puntos de vista. Así, desde hai unha década sabemos que cada un dos estorniños só vixila a seis veciños para seguir o movemento destes. Desas interaccións próximas xorde o movemento conxunto. Unha gran masa informe que, a ollos dos seus posibles depredadores, debe ser algo así como un monstro de dimensións colosais imposible de atacar. Os paxaros máis veteráns ocupan os lugares interiores, o sitio máis seguro ante posibles ataques enemigos. O estudo das dinámicas interiores non é só útil para biólogos pois supón un reto tecnolóxico e informático. Seguir en gravacións de vídeo a milleiros de individuos que apenas ocupan uns píxeles, os seus movementos, os cruces, as dinámicas internas… supón un tema de investigación interesante.

Máis alá dos problemas que poden provocar os chirlomirlos pola súa gran concentración nalgunhas zonas concretas, neste caso a nube se atopa nun espazo singular. A zona ZEPA da Limia ourensá, lugar de aniñamento ficación de aves en perigo de extinción, de paso para as migracións doutras e un dos lugares do país onde practicar a ornitoloxía armado de prismáticos ou telescopios xunto cunha boa guía. Porque a astronomía e a ornitoloxía empregan as mesmas ferramentas. Sabíalo?Esta imaxe feita ao solpor, en pleno inverno, coa nube de chirlomirlos reflectida nunha das lagoas formadas nas antigas areeiras da Limia, pertence a unha nova colaboradora que empregou a súa Canon EOS 750D e un tempo de exposición de 1/160 e ISO 1600.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023