Están tolos estes terráqueos

Créditos da imaxe: Borja Álvarez Sánchez

O ceo  nocturno é fermoso. Fóra das cidades, un espectáculo. Para todos os públicos e de balde. A humanidade sempre admirou as estrelas, porque nas estrelas estaba o futuro, a orixe, o norte e a guía dos avances. Pero estamos a perder a noite. Ese medo ao escuro leva ás entidades públicas a poñer alumeado en lugares inverosímiles, con potencias esaxeradas e mal dirixidas provocando que as zonas urbanas derrochen unha chea de fotóns perdidos na atmosfera sen aproveitamento. Agás para a empresa suministradora.

No ceo podemos admirar tamén ás veces algúns puntos brillantes, froito da tecnoloxía humana. Os pases da Estación Espacial Internacional son observados por astrónomos amadores e cidadáns. xeran imaxes moi plásticas ao pasar por diante da Lúa ou o Sol.

Pero axiña perderemos este espectáculo. Unha empresa privada está a probar un novo xeito de acceso a Internet baseado en satélites de baixa órbita. Acaban de enviar 60. As imaxes desas 5 ducias de puntos luminosos en ringleira ascendendo aos ceos son fermosas. Durante varias xornadas puideron contemplarse desde todo o planeta a medida que gañaban altura e se afastaban entre eles. Son a vangarda duns 12 000 satélites que serán enviadoa á órbita. E, se o sistema funciona, seguro que outras empresas comezarán a competir. E poderemos admirar cada noite centos de puntos luminosos movéndose polos nosos ceos. E gañaremos a noite de novo, pero perderemos as estrelas. Xa non saberemos onde están as constelacións, a nosa herdanza cultural, a Vía Láctea ou camiño de Santiago confundirase entre tanta luminaria e, co tempo, chegará tamén a publicidade espacial.Esta imaxe foi tirada desde o recinto do observatorio astronómico de Cotobade por un novo colaborador. Coa súa Canon EOS 1100 D retrata a constelación do Cisne. Pero con só 25 segundos de exposición, o ronsel luminoso dun satélite da empresa Starlink, contrasta cos reflexos da cúpula; e emporca a imaxe. E así pérdese o ceo.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024