Un intruso no río negro

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Olla a imaxe. Hai case un ano publicamos unha da mesma zona, do mesmo autor. Ves algún cambio?

Esa cor laranxa está provocada por unha estrela vermella superxigante, Antares, na constelación do Escorpión. A súa luz é esparexida polo po presente provocando esa cor. Porén, cara á esquerda parece saír un río Escuro pola presenza de moito hidróxeno e gas molecular que conseguen bloquear toda a luz das estrelas que hai detrás. Estímase que está a unha distancia duns 500 anos luz. Pero por riba de Antares albiscamos unha nebulosa de cor azul debido a que o material refracta de forma preferente esa cor procedente da estrela dobre Rho Ophiuchi, azul brillante. Xusto á dereita de Antares hai un cúmulo globular denominado M4, un dos obxectos máis antigos que os astrofísicos poden datar de xeito directo nuns 12 mil millones de anos, situándose nos bordos da nosa galaxia a uns 7 000 anos luz de distancia. No seu interior hai milleiros de estrelas moi vellas.

Pero o que máis destaca é o astro brillante da esquerda. Hai un ano non estaba aí. Agora si. Será por tanto un astro errante. E iso significa etimoloxicamenta a palabra “planeta”. Durante todo o verán teremos por aí a Xúpiter, visible como a luz máis brillante que sae polo leste tralo solpor. No medio da Vía Láctea, na constelación do Escorpión. A simple vista, ao alcance de todos. Se tes uns prismáticos e ceos escuros podes tentar ver os seus satélites.

A imaxe foi tirada a comezos do mes de maio desde o miradoiro estelar da Lagoa das Tablillas (A Veiga). O autor empregou a súa cámara Canon EOS450D xunto cun obxectivo de 70 mm, sobre un trípode especial para astronomía. Precisou de 15 imaxes de 3 minutos de exposición a ISO 800, con tomas adicionais de calibrado.

Poderías gostar de...

O lobo oubeando ao cabalo escuro

Na terra, un lobo oubea para indicar o seu mando na grea. No ceo, un cabalo escuro fica impertérrito. A nebulosa dese nome é unha

O xigante do tesouro

Ollade ben á torre do castelo. Dentro hai un pozo cheo de auga, o normal. Neste caso, o pozo ten un encantamento pois agocha unha

Dúas nebulosas

Á esquerda da imaxe podemos admirar a nebulosa NGC7000, alcumada Norteamérica porque a estrutura inferior remeda á península de Florida; cousas da pareidolia. Trátase dunha

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026

2 comentarios en “Un intruso no río negro”

  1. Pingback: Aquí Xúpiter, aquí uns amigos – Ceos Galegos
  2. Pingback: Desde o Vilar - Ceos Galegos

Os comentarios están pechados.