Unha árbore e moitas estrelas

Autor da imaxe: Enrique García

A Vía Láctea, a nosa galaxia, sobrancea o ceo. Por contra, no horizonte manda o alumeado artificial. En primeiro plano, unha resistente árbore solitaria corta o perfil do eido labrado. Quizais a vangarda da plantación que se albisca por detrás.

Estímase que a nosa galaxia agrupa un número de estrelas entre os 100 e os 400 miles de millóns. Parece moita inexactitude, pero para eses números tan grandes pouco importa. A misión espacial que realizou as medicións máis actuais, Gaia, chegou a tomar datos moi precisos de 1.700 millóns de estrelas, tantas coma árbores inventariados hai no noso país; 1.600 millóns. De todas esas estrelas nesta imaxe podemos contemplar só uns poucos milleiros. De todas esas árbores, unha.

Tamén se estima, á vista dos últimos cálculos, que pode haber 100 mil millóns de planetas. Deles, só estamos certos da existencia duns poucos milleiros. Pero a conta aumenta mes a mes. Que coñezamos máis ou menos ben, apenas os 8 do noso Sistema Solar. Que teñamos nestes momentos algún trebello humano explorándoo, só 4 (incluíndo o noso). Por exemplo, a sonda Juno que está a explorar o punto gordo na dereita da imaxe, que non é outro que Xúpiter. Que saibamos que hai vida intelixente (supostamente) só hai un. O que acolle a esa árbore solitaria.

A imaxe é dominada tamén pola contaminación luminosa do horizonte. O aeroporto de Santiago de Compostela (á esquerda) e a propia capital galega á dereita.

Traballo de equipo entre dous colaboradores para a localización, a imaxe requiriu de compoñer nunha panorámica 9 imaxes verticais tiradas cunha Canon 6D e un obxectivo a 16 mm. Cada unha das imaxes requiriu de 25 segundos de exposición para unha apertura f4 e ISO 3200.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha árbore e moitas estrelas”

Os comentarios están pechados.