Adeus cazador, ola escorpión

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Bernardo Rebollo de la Torre.

Os nomes das constelacións do noso ceo son en gran parte herdadas da cultura grega clásica, con aportes exipcios e babilonios. As personaxes, os obxectos mailos animais teñen historias que  explican a súa presenza no ceo estrelado, sen que na maior parte dos casos haxa ningunha relación real entre as figuras que forman e o nome escollido.

Grazas á mitoloxía grega coñecemos a historia de Orión, o gran cazador que foi morto polo Escorpión. Un problema de ciumes entre deuses do Olimpo que gustaban de xogar cos mortais ao seu gusto. Por iso, explicaban na Grecia clásica, as constelacións de Orión e Escorpión nunca coinciden no ceo estando en lugares opostos e condeados a se perseguiren eternamente.

Orión domina os ceos invernais, comezando a verse no outono de madrugada e aínda aguantando a comezos da primavera. Ao Escorpión tócalle o ceo de verán. Ademais este ano acompañado polo planeta Xúpiter que está a rondalo no mesmo lugar do ceo.

A imaxe retrta un dos lugares máis rechamantes de Orión, a súa nebulosa, situada por baixo do cinto na zona das estrelas que parecen formar unha espada. É unha rexión chea de gas hidróxeno e po cósmico. Un lugar no que se están a formar estrelas novas. De feito, é o lugar de nacemento estelar máis achegado a nós. Pero non vos fagades ilusións, está a máis dun milleiro de anos luz de distancia.

Esta imaxe tamén está composta a partires dun milleiro de tomas adquiridas durante varios anos por un astrónomo amador, desde a súa terraza de Marín. Cun equipo modesto de 6 polgadas de diámetro, pero con moita bricolaxe propia. Empregou un par de cámaras Canon EOS 350D e 450, modificadas para uso astronómico. E co posterior procesado informático para amorear todas as imaxes e obter unha soa con tanta cor e detalle. Un colaborador novo que seguro nos dará moitas fermosuras.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha Lúa chea que non se ve

Na historia da humanidade saber cando a Lúa era chea foi algo fundamental. Os primeiros calendarios eran lunares, como son aínda o calendario eclesiástico, o

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023