Epistula Sisebuti

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte

Que é unha eclipse de Lúa? Por que acontece? Que males poden provocar nas persoas? No século VII un bispo moi famoso, San Isidoro de Sevilla, recompilou todo o saber da súa época nun libro gordo chamado “De natura rerum”. O rei visigodo de turno, Sisebuto, contestoulle coa súa propia versión da mecánica celeste que permitía entender as eclipses de Lúa. Durante a primeira década dese século sucedéranse numerosas eclipses lunares e solares, parciais pero moi visibles por estar preto da totalidade. A explicación baseábase nas ideas aristotélicas do cosmos e o modelo ptolemaico, cunha Terra central e unha Lúa afastando o mundo terrenal do celeste. Pero funcionaba para comprender este fenómeno en concreto. Como curiosidade, falaban dunha pirámide de sombra proxectada pola Terra que era atravesada pola Lúa, en vez de un “cono de sombra”.

A eclipse parcial de onte, 16 de xullo de 2019, non foi tan espectacular como a total de febreiro. Pero puido gozarse en todo país entre nubes e claros, deixando unha chea de fermosas imaxes. Aquí o autor xogou cos parámetros da súa cámara para forzar a exposición. A Lúa aparece queimada e moi brillante. Por contra, permítenos aprezar os cráteres e mares da zona eclipsada pola penumbra na que se movía o satélite e, sobre todo, unhas nubes altas que lle dan á imaxe un halo tridimensional e encantador. Unha toma diferente dun experto retratador de eclipses lunares. Para observacións pouco esixentes coma esta abóndalle subir ao monte Vixiador dun Vigo cada vez máis contaminado luminosamente. Foron 4 segundos de exposición cunha cámara Sony A6000 acoplada directamente a un pequeno telescopio, empregando unha sensibilidade de ISO 1000.Tes fotos da eclipse de onte? Mándaas antes do domingo 21 de xullo e formarán parte danosa galería da eclipse lunar parcial dos Ceos Galegos. Pode ser ao través do noso formulario ou directamente ao correo fotos@ceosgalegos.com. Explícanos as circunstancias da imaxe (lugar de toma, datos técnicos, obxectos que aparezan…), equipo empregado e nome do autor con indicación das redes sociais para as oportunas mencións.

Poderías gostar de...

Unha eclipse NON total de Sol

Foi por pouco, pero a eclipse non chegaba onda nós. Uns minutos despois do momento no que comezaba a Lúa a se meter na nosa

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Epistula Sisebuti”

Os comentarios están pechados.