Unha sombra cambiante na Lúa

Créditos da imaxe: Noa Táboas

Eclipse de Lúa. Parcial. A Lúa na sombra da Terra. O plano orbital lunar non coincide co plano de traslación terrestre ao redor do Sol. Por iso, só nalgunhas lúas cheas quadra que o satélite atravesa o cono de sombra que proxecta a Terra no espazo. As veces polo medio; e ennegrece de todo. As veces de esguello, coma o martes, e só unha parte se agocha.

Entre nubes e claros medio país estivo á caza e captura do evento astronómico. A nosa colaboradora tirou as imaxes desde a zona das Rías Baixas. A primeira, case no máximo de ocultación. Foi contra as 23:30 aproximadamente. Nese momento o grao de sombra chegou ao 65%. A seguinte imaxe, media hora despois cun 30% de ocultación aproximadamente. As imaxes foron tiradas sen telescopio, con distintos parámetros na cámara para acomodala ás cambiantes condicións de luz. A primeira cunha velocidade de obturación de 1/30 segundos e a segunda 1/100.

E ti, tes imaxes desta eclipse? Estamos a preparar unha galería coas fotografías tiradas desde o país. Para que perduren no tempo e non se perdan na voráxine das redes sociais. Ata o domingo. Comezaremos a semana que vén publicando a galería completa. Envía a túa mediante o noso formulario ou directamente por correo electrónico a fotos@ceosgalegos.com.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha sombra cambiante na Lúa”

Os comentarios están pechados.