Iuppiter Optimus Maximus

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Pablo J. Martínez Alemparte 

Xúpiter, Zeus, Iuppiter, Iovis… O deus máis importante dos deuses. O planeta máis importante dos planetas, do Sistema Solar. A almenara máis sobranceira deste ceo.

Non é probable que os soldados romanos que habitaron o acampamento militar da imaxe sentiran desacougo ante a visión do ceo nocturno. Daquela, afeitos a batallas e marchas nocturnas, sen alumeado público, o que hoxe é un espectáculo case excepcional era algo normal. Porén, a imaxe recolle toda a fermosura de observar a nosa propia galaxia da Vía Láctea erguéndose por riba do campamento romano Aquis Querquennis, no recuncho no que estaba o Principa ou Cuartel Xeral. Estamos na provincia de Ourense, no concello limiao de Bande.

O lugar xa é fermoso por si mesmo. Conta cos restos dunha “mansio” ou lugar de descanso na Vía Nova romana que unía Bracara Augusta e Asturica Augusta. Os seus 330 quilómetros de longo e a súa anchura (entre 5 e 7 metros) fixo dela a vía máis ancha de acceso ao país deica a construción nos 70 do século pasado dos “accesos a Galicia”. O lugar ten ademais unhas termas ao carón, o rio Limia, a ponte romana Pontepedriña… gran parte de  todo isto asolagado case todo o ano polo encoro das Conchas, a pesares de seren bens de interese cultural.

No ceo domina o planeta Xúpiter. Á dereita da nosa galaxia, a pesares da contaminación luminosa omnipresente, incluso nesta zona rural aumentada polos focos luminosos das orquestras que se empeñan en mandar fotóns ao ceo visibles desde ducias de quilómetros ao redor. As razóns para iso son dignas de estudo.

O autor da imaxe valeuse da súa cámara réflex Canon EOS60D cun obxectivo f4 sobre trípode, empregando medio minuto de exposición e unha sensibilidade de ISO3200.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Xa é primavera nos Ceos Galegos

Xa chegou a primavera ao hemisferio norte, o outono ao hemisferio sur. O equinoccio da primavera é un evento astronómico preciso que acontece ás 22:24

Un Sol con forma de estrela

Nalgunhas fotos o Sol parece unha estrela. Porque é unha estrela. De feito, os anglosaxóns aplícanlle un nome un tanto reiterativo: “sunstar” ou “sunburst”. Estamos

Forzas do ar, terra, mar e lume

Disque nesa pedrafita conflúen todas as forzas do Cosmos. Eis o fito de nome Marco do Vento, sen dúbida moi acaído. O lugar é senlleiro;

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023