Unha galega no burato negro

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Créditos da imaxe: Bernardo Rebollo de la Torre

Hai galaxias que parecen pouco fotoxénicas, aburridas, insulsas á hora de seren fotografadas. Incluso algún dos borranchos abrancuzados (vistas por un telescopio modesto) recollidos no catálogo máis famoso entre os amadores da astronomía, o Messier, cando os miramos con toda a potencia e calidade actual fronte á do século XVIII. Ese parece o caso de M87. Unha galaxia eslamiada, de forma elíptica ou ovoide e que parece carente de estrutura ningunha. En realidade sabemos que no interior dese borrancho abrancuzado de 120 000 anos luz de diámetro (meirande cá nosa Vía Láctea) residen 1 billón de estrelas. E estando a só 50 millóns de anos luz de distancia é a galaxia máis importante do cúmulo galáctico de Virgo, que conta cun millar de galaxias de todo tipo.

Pero na mesma imaxe (mellor na de cores invertidos á dereita) albiscamos un fío de material que sae do centro galáctico; abaixo e á dereita do centro na posición das 5 dun reloxo (de agullas). Non é unha imaxe feita co telescopio espacial Hubble para poder ter todos os detalles. Ese fío é material que está a ser expulsado do burato negro central; un obxecto cunha masa equivalente a 6,5 mil millóns de soles. Non está mal para una imaxe tirada desde o patio da casa de Marín (Pontevedra) do autor.

Ese burato negro foi o protagonista do descubrimento científico do ano 2019 e probablemente de toda a década: a primeira imaxe dun burato negro tirada de xeito directo. Un proxecto de investigación de ducias de organismos duns vinte estados diferentes e con 347 científicos implicados. Entre eles, a nosa galega no burato negro, Raquel, que desde a súa universidade de Radboud Universiteit (Nimegen, Países Baixos) colaborou neste proxecto.Nunhas semanas, Raquel Fraga-Encinas estará en AstroGalicia19 contándonos todo o que queiramos saber dese descubrimento en dobre sesión. A primeira, unha charla divulgativa para todos os públicos. A segunda, un obradoiro exprés de maior nivel para os inscritos. Aínda estás a tempo.

(Editado: 13/9/19) As 33 fotos necesarias para compoñer as imaxes foron tomadas o 21 de abril de 2019. Cada unha delas cun tempo de 30 segundos de exposición a ISO 1600. Empregouse unha cámara Canon EOS 450D acoplada a un telescopio Meade LXD75 de 6 polgadas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Para que vale unha eclipse lunar?

A resposta curta: para nada. A resposta menos curta: o espectáculo é sempre fermoso. Neste caso, foi unha eclipse parcial, pero tratar de vela entre

A contra luar

Para facer boas fotos é preciso: boa cámara, sentido estético e matemáticas. As matemáticas son útiles en todos os aspectos da vida. Sen saber trigonometría

Un novo mensaxeiro cósmico

O cometa da imaxe descubriuse hai menos de dous meses. O máis abraiante é que o descubriu un astrónomo amador xaponés. Aínda hai espazo para

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2023