Un OCNI no ceo galego

Créditos da imaxe: Marco Paraños

Pasa. Ás veces. Estás gozando da fermosura do ceo nocturno e unha luz fuxidía atravesa varias constelacións. Algunhas noites podes ver deceas de ronseis luminosos. Son as noites de choivas de meteoros. A Terra atravesando unha zona do espazo chea de refugallos dun cometa que pasou polo lugar anos atrás. Pero calquera noite se poden ollar meteoros.

O que non pasa tanto é que sexan tan brillantes. Como o da imaxe. Iso é un bólido. Un meteoro que brilla máis que a máis brillante das estrelas. Ou polo menos, pensamos que é un bólido. Ese día a rede de cámaras de detección automática coas que contactamos para estas cousas estaban de esmorga. Tampouco temos confirmación dos expertos consultados. Polo pronto desbotamos que sexa unha perseida, pois leva unha traxectoria case oposta á  que debería. Tampouco é un avión, faltan luces de cores. Non semella o ronsel de satélite Iridium nin outro (consultadas as bases de datos oportunas e dada a hora serodia). Quen sabe se ao mellor un refugallo espacial tentando entrar na amosfera. Así que podemos clasificalo como Obxecto Caendo Non Identificado.A imaxe, dun colaborador novo, foi tirada desde O Paraíso Viveiro (Lugo). Ao fondo por riba da vila e da súa ría érguese o monte San Roque. A imaxe foi tirada cunha cámara Canon EOS 600d á 1:29 do 17 de agosto, con 13 segundos de exposición e unha sensibilidade de ISO 400.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024