Unha luz na noite

Créditos da imaxe: Enrique García

Gustamos dos faros. Alumean a noite. Pero deixan ver as estrelas. E permiten orientarse no mar.

Gustamos das estrelas. Vense pola noite. As da imaxe pertencen todas á Vía Láctea, a nosa galaxia. Aparece como esa nebulosa que arrodea ao faro. Seica os pelegrinos empregábana para orientarse e chegar a Compostela. Coitados eles; non vale para iso. Cousas da literatura medieval, boa para a poesía pero mala para a ciencia.

As noites do verán que está a rematar ofrécennos, cara o oeste, unha clara visión do centro galáctico. Porque aí, esa zona da Vía Láctea que corta o horizonte, vaise cara a zona central da nosa galaxia. Unha agrupación de milleiros de millóns de soles que  forman varios brazos de estrelas retortos en forma de espiral. Pero este verán tamén está a ser unha boa época para admirar Xúpiter, o luceiro máis brillante da imaxe. E Saturno, preto do corpo do faro. E Antares, a estrela alaranxada que está por baixo é a dereita de Xúpiter. E o río negro de Rho Ophiuchi, unha  nebulosa escura de po que bloque a luz das estrelas e que vai por riba e Antares deica o xigante gasoso. E moito máis. Porque a observación do ceo nocturno permítenos descubrir a nosa historia, as historias dos nosos antepasados e o noso futuro. O marco da imaxe é semellante á que foi portada da edición #CeosGalegos2019, o noso calendario. Tamén é do mesmo autor, seica gusta da zona. Neste caso cun encadre diferente pero fermoso. Valeuse da cámara Canon EOS 6D e un tempo de exposición de 13 segundos, o xustiño para evitar que se movese o ceo. A apertura de f 2,8 e sensibilidade 4000 ISO, permitiulle tirar 6 imaxes verticais que despois uniu co correspondente programa informático para obter esta fermosura.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha luz na noite”

Os comentarios están pechados.