Unha ra mirando ao ceo

Créditos da imaxe: Lucía Canda Lino

Unha ra de pedra. Un ceo de hidróxeno.

A pedra está formada por cuarzo, feldespato e mica. Pero se queremos mirala a  nivel atómico atopariamos silicio, potasio, sodio, calcio, bario, nitróxeno, aluminio, osíxeno… e hidróxeno. Igual que no ceo.

O hidróxeno celeste aparece en forma de bólas de lume que chamamos estrelas. No seu interior “quéimanse” os átomos de hidróxeno nun proceso de fusión nuclear, formando átomos de helio e liberando inmensas cantidades de enerxía en forma de luz e calor. En estrelas grandes, pódese chegar a fusionar átomos de helio e hidróxeno para formar átomos de litio. A creación de carbono, osíxeno, silicio… xa require de estrelas moi masivas nas que no seu núcleo haxa unha presión e temperatura moi superior á de estrelas de tamaño medio coma o noso sol. Eses elementos son ceibados ao cosmos no momento de morte dunha estrela por esgotar o seu combustible, dando lugar a unha nova ou supernova. Ese estoupido estelar é que de crear elementos máis pesados. Todos eles, vagando polo espazo, recombinaranse noutro lugar ao redor doutra nube de  hidróxeno que co tempo dará lugar a unha nova estrela. No disco de refugallos que a rodea, con eses elementos químicos, formaranse planetas. Os procesos xeolóxicos internos, as altas temperaturas e presión debido á atracción gravitatoria ou ao vulcanismo activo será quen de crear minerais e rochas con eses elementos químicos. Quedar expostos á intemperie e que a erosión faga o seu traballo, pode xerar formas caprichosas que lembre á dunha ra.

A nosa ra de granito parece ollar ao cosmos onde se orixinou desde este recuncho de Ribeira (A Coruña) onde se atopa. Non sabemos se os nosos antergos usaban este lugar para algún tipo de culto. Ben puideran. Desde o seu miradoiro pódese admirar a entrada da ría de Arousa, as illas Atlánticas, o monte de Santa Tegra, as dunas de Corrubedo, o oceáno Atlántico maila nosa galaxia Vía Láctea. Esta última co permiso da omnipresente contaminación luminosa das vilas veciñas.

Esta imaxe requiriu de 6 tomas verticais con sensibilidade ISO 3200 e F 3,5 cada unha, para 20 segundos de exposición. Na madrugada entre o 4 e o 5 de setembro.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Unha ra mirando ao ceo”

Os comentarios están pechados.