AstroGalicia2019: a festa galega das estrelas comeza

Desde o venres 11 de outubro pola noite ata o domingo 13 de outubro. En Castrelo de Miño (Ourense), ten lugar a festa galega das estrelas ou AstroGalicia19. Un evento no que colaboran gran parte das asociacións de amadores das estrelas do país, así como outras entidades ata un total de 10. Tamén o noso proxecto de Ceos Galegos aporta esta web para a información do evento (no menú superior), así como soporte técnico e regalo de materiais aos inscritos.

A AstroGalicia19 busca a divulgación da astronomía entre todos os públicos, por iso a maior parte das actividades son de asistencia libre. Pero tamén serve para que os afeccionados ás estrelas poidan afondar no seu coñecemento ao través dos obradoiros para os inscritos.

Este ano as temáticas das charlas son variadas e de completa actualidade: atmosfera de Titán (lúa de Saturno), o metano de Marte, a primeira imaxe dun burato negro ou a contaminación luminosa. E un dos seus atractivos, que cada un destes temas é contado directamente por un dos seus protagonistas.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024