Tan preto, tan lonxe, o moucho e a galaxia

Créditos da imaxe: Gonzalo González

Xusto por baixo do Setestrelo, na constelación da Osa Maior, atopamos dous obxectos ben distintos e fermosos. Dunha banda, a poeirenta galaxia espiral Messier 108, vista de canto abaixo no centro, está tan lonxe de nós como uns 45 millóns de anos luz. Na parte superior dereita, a nebulosa planetaria cunha estrela central vella pero moi quente chamada Messier 97, semellante a un moucho, está tan preto como uns 12 mil anos luz de distancia, aínda ben dentro da nosa propia galaxia da Vía Láctea.

O moucho non é máis que unha envoltura gasosa dunha estrela moribunda. Está formada por capas de gases con diferentes elementos químicos que se van expandindo polo Universo. No seu interior, fica unha estrela nas súas últimas etapas vitais que alumea eses gases.

Por contra, a galaxia M108 agrupa a millóns e millóns de estrelas cunha masa global que se estima equivalente á de 125 mil millóns de soles. Forma parte do cúmulo de galaxias da Osa Maior que, á súa vez, intégrase no supercúmulo galáctico de Virgo, unha das maiores estructuras do Cosmos.

O resto do eido fotográfico está cheo de estrelas de diferente brillo e distancia, pero todas elas pertencentes á nosa galaxia.Para conseguir esta imaxe desde Oíns (Arzúa, A Coruña) o autor precisou de 22 tomas individuais de 80 segundos cada unha a ISO 1600. Empregou unha cámara Canon 600D acoplada a un telescopio reflector.

Poderías gostar de...

A eclipse galega de sol (i)

Unha eclipse total de sol é o maior espectáculo que a natureza nos pode ofrecer. Gozar del ao carón do fogar é unha simple casualidade

A Eclipse Galega (i): que imos sentir

Unha eclipse total de sol é, sobre todo, unha experiencia para sentir, para vivir, en solitario ou coa familia ou co grupo de amizades. Independentemente

Desde a caverna

Cando miramos desde o fondo da espenuca, para ollar a realidade, o abraio pode ser maiúsculo. Na nosa imaxe esa sería a realidade fóra das

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2026