Illas, luces e estrelas

Créditos da imaxe: Marcos Gestal

Ves a gaivota? Descansa nun lugar catalogado como “destino turístico Starlight”. Ves a illa da imaxe? Forma parte dun espazo catalogado como “destino turístico Starlight”. Ves o ceo? As estrelas, a Vía Láctea, os planetas (Xúpiter e Saturno)… son o obxectivo da declaración Starlight: preservar a observación do ceo nocturno coma un dereito da humanidade. Por nós e polos nosos herdeiros. A gaivota, o lugar no que descansa, a illa, forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. No ano 2016 recibiron o certificado de “destino turístico Starlight”. Atrás quedaron anos de medicións da contaminación luminosa feita po ducias de amadores das estrelas, cartos gastados en informes e certificacións, diversos produtos turísticos creados a partires desa declaración.

O ciclo día e noite é vital para a maior parte dos seres vivos que habitan este planeta. Incluso para as persoas; o descubrimento do ciclo cicardiano valeu o premio Nobel de Medicina do ano 2017. Temos dereito á electricidade e á luz. Pero tamén temos dereito á escuridade. A contemplación do ceo estrelado, da Vía Láctea, das constelacións, dos planetas… só son unha parte dese dereito. Quizais pareza un capricho, a pesares de que nese ceo nocturno están moitas das claves da historia da humanidade. Desde poder orientarnos noutros tempos nos que non había satélites GPS ata a busca dunha comprensión do noso lugar no mundo. Pero afecta a moitas especies animais e vexetais que habitan o mesmo espazo ca nós.

O do fondo da imaxe é contaminación luminosa. Provén da cidade de Vigo. É unha noite de finais do mes de xullo. Ben é certo que as tres instantáneas que combina o autor para crear a panorámica precisaron de 20 segundos de exposición. Ese tempo foi necesario para obter a Vía Láctea con detalles e moitas estrelas que non veriamos a simple vista. E tamén esaxera lixeiramente a contaminación luminosa da zona costeira. Pero iso pode resultar cotián se optamos por un modelo de desenvolvemento e de turismo insostible.Temos en todo o país moitos lugares cun ceo nocturno fermoso e escuro. Tan só dúas zonas están certificadas. Conservemos o noso dereito a gozar do ceo pola noite. Ás escuras.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

2 comentarios en “Illas, luces e estrelas”

Os comentarios están pechados.