Contos de #CeosGalegos20 (i): a praia de Augas Santas

Créditos da imaxe: Noa Táboas

Fotografar o ceo faise ás veces complicado. Antes, durante e despois. Na mente cismas nunha paisaxe fermosa combinada co ceo estrelado. E iso require noites escuras; e despexadas. Se a paisaxe anda pola mariña lucense o verán é unha boa opción. Pero as noites son curtas. Tanto como 5 ou 6 horas. E non pode haber Lúa chea nin fases próximas. Se queres retratar a Lúa o cuarto minguante ou crecente son xeniais. Se non queres que apareza a Lúa hai que considerar as horas de saída ou de posta lunar. Se traballas pola semana, a agardar ao sábado/domingo. E se a túa paisaxe inclúe unha praia preto duns cantís á que podes acceder só na marea baixa o tema complícase.

As túas pezas para completar o puzzle son: as fases lunares, a meteoroloxía, as noites curtes do verán, o horario laboral e as mareas. Vivir a dúas horas en coche do lugar que queres fotografar é unha dificultade engadida. O lugar soñado estaba claro: a praia de Augas Santas, máis coñecida por praia das Catedrais (Ribadeo, Lugo)

A autora da imaxe tiña planificada unha fotografía. Así que chega o venres e hai que tomar decisións. O sábado, ao saír do traballo, atravesar medio país e agardar á 1 da madrugada, cando comeza o devalo. Ir avanzando pola area mollada á procura do marco ideal e tirando algunhas imaxes. A Lúa minguante sae unhas horas despois e o mencer é sobre as 6 da madrugada. Estamos a finais de xullo. E ás 5 obtemos esta imaxe. Unha soa toma de 5 segundos de exposición a F 2.8 e sensibilidade ISO 4000.

Non era a imaxe soñada, pero valeu a portada #CeosGalegos20 #GalicianSkies20.No ceo albíscanse o cúmulo das Pléiades por riba da Lúa. No centro da imaxe a brillante estrela Capella da constelación Arturo provoca efectos estraños na lente. Adivíñase a Vía Láctea ao seu carón e na parte superior as estrelas principais de Perseo. Xa fóra da  imaxe quedarían a galaxia de Andrómeda e outros obxectos interesantes.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024