Astronomía en Compostela

Unha convocatoria feita por astrónomos afeccionados pero aberta a toda persoa interesada. Porque amamos a ciencia e a astronomía, pero tamén amamos comunicar e compartir o que sabemos. De balde, completamente.

Un ano máis, e van 7, volta a edición do VII Workshop CMON, a celebrar, como é costume, no mes de decembro. Non haberá variacións con respecto ás anteriores convocatorias, non sendo que temos aínda máis ganas de pasalo ben e falar de Astronomía e Ciencia en xeral.

Data: Sábado, 14 de decembro de 2019.
Lugar: edificio da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago.

Obxetivos: intercambiar experiencias, coñecementos e tecnoloxías para a observación de fenómenos astronómicos en xeral.

Quen pode asistir: calqueira persoa que estea interesada, con independencia de se pertence ou non a unha agrupación astronómica, e que teña ganas de aprender novas cousas ou ensinar a outros os seus descubrimentos.

Inscricións (de balde) para ter conta das necesidades reais de espazo.

Poderías gostar de...

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024