Contos de #CeosGalegos20 (iii): o país do raio verde

Créditos da imaxe: Sindo Nóvoa

Somos o país do raio verde. Sen máis. Se Jules Verne ambientara aquí a súa novela “O raio verde” remataría no primeiro capítulo. No libro a protagonista, Helen, atópase nun xornal unha lenda inventada sobre a contemplación do mítico raio verde no solpor no mar:

(…) a primeira vez que atopedes a circunstancia (pouco frecuente por desgraza) de facer esta observación, non sucederá, coma puidera crerse, que fira a vosa retina un raio vermello, senón un raio verde, pero dun verde marabilloso, dun verde que ningún pintor pode obter na súa paleta, dun verde cun matiz non reproducido xamais na natureza, nin nas variadas tinguiduras dos vexetais nin no ton dos mares máis transparentes. Se no paraíso existe a cor verde seguramente é esa, a verdadeira cor verde da esperanza!

Explicar a natureza do raio verde é complexo. Poden ser ademais de varios tipos. Resumindo, trátase dunha combinación da refracción atmosférica, que privilexia a compoñente verde da luz branca do Sol, co fenómeno de espellismo, que provoca a deflexión da imaxe ao atravesar capas de aire de maior densidade.

Tamén hai documentadas raiolas azuis, vermellas e raios verdes no luar. Todos ocorridos no noso ceo galego e xa publicados no noso proxecto.

Na edición de CeosGalegos18 publicamos un raio verde no lugar galego máis verniano. O raio verde desta imaxe adorna o mes de maio da edición #CeosGalegos19 #GalicienSkies19. Porque somos o país do raio verde. Se Helen fose Helena, en vez de tirarse un libro completo dando voltas polas illas Hébridas do Reino Unido na procura do raio verde a aventura tería rematado no primeiro capítulo.

Porque si, en #CeosGalegos20 #GalicianSkies20 contamos cun raio verde. Outra vez. Por terceiro ano consecutivo. E nun dos monumentos máis recoñecibles do país. E vai ir no mes de maio. O mes máis astronómico de toda a península Ibérica.

OLLO: nunca se debe ollar directamente ao Sol. É perigoso.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024