Novas > Eventos nosos > Os #CeosGalegos20 en Compostela e na Coruña

Os #CeosGalegos20 en Compostela e na Coruña

Dúas actividades de presentación do proxecto. Ao final, trátase de charliñas breves e didácticas. Falamos de astronomía, de fotografía, de xeoloxía, de arqueoloxía, de cultura e de ciencia. E tamén amosamos as 14 fermosas imaxes da edición deste ano, que nos serven de excusa para todos eses temas.

Porque o ceo é fermoso, pero se comprendemos o que observamos faise dobremente fermoso. E nós adoramos os nosos ceos e por iso queremos compartilos convosco.

Aproveitade esta cita dobre na provincia de Pontevedra:

  • Santiago de Compostela, na Libraría Pedreira, na rúa do Home Santo, o xoves 19 de decembro ás 20:00 horas.
  • A Coruña: Domus, na sala Leonardo da Vinci (cinema), ás 18:30. Pero nós non perderiamos a charla anterior que comeza ás 17:30. Sábado 21 de decembro.

Poderías gostar de...

Deixar unha resposta

A %d blogueros les gusta esto: