Hoxe invitamos a Diego López Calvín

Créditos do vídeo: Diego López Calvin

Nadal, natal, solsticio de inverno, apalpador, as saturnais… pódeselle chamar de diferentes xeitos, pero celebramos o mesmo. O comezo do inverno: o Sol chega ao seu punto máis o sur no seu percorrido aparente polo ceo. As horas de luz solar son as máis curtas do ano e comezan a medrar. A luz vence ás tebras.

Cada día vemos como o Sol sae polo horizonte, se move polo ceo subindo e baixando para poñerse polo horizonte oposto. A cotío, os puntos do horizonte polos que o Sol amence e se pon mudan. A cotío, o punto máis alto que o Sol acada no ceo muda. Desde o solsticio de inverno (21 ou 22 de decembro) deica o solsticio de verán (21 ou 22 de xullo) os puntos polos que sae e se pon a nosa estrela vanse movendo cara o norte e o punto de máxima altura no ceo cada día está un pouco máis arriba. Por iso dicimos que medran os días, máis luz, máis insolación e máis calor.

O vídeo de hoxe recolle nun vídeo secuencia 48 imaxes que son 48 solarigrafías. Un papel fotográfico metido no fondo dun bote ao que lle fixo nun lateral un pequeno furado cun alfinete, nun eirado dun edificio A primeira das solarigafías instalouse o 2 de xaneiro de 2016. A derradeira recolleuse o 22 de decembro de 2019. Son 4 anos comprimidos en 4 segundos. Cada solarigrafía recolle o camiño do sol ao longo dun mes aproximadamente.

Inauguramos nova categoría de textos e imaxes aberta a persoas queridas, coñecidos ou admirados con imaxes doutros ceos distintos aos nosos. Porque eles non teñen a sorte de contar cun proxecto semellante. Pensade que, Ceos Galegos, só hai un.Diego López Calvín é un dos tres amigos que na década pasada descubriron/inventaron a técnica da solarigrafía. Fotógrafo profesional e habitual como foto fixa en películas do director Julio Medem. Na primeira edición de #CeosGalegos18 tivemos a fortuna de poder contar cunha mostra fermosa do seu traballo. Na súa conta de IG tedes máis mostras do seu traballo.

ATA o 5 de xaneiro podes votar polas mellores imaxes do noso ceo tiradas no ano 2019

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Hoxe invitamos a Diego López Calvín”

Os comentarios están pechados.