O máis visto do 2019

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Unha eclipse coruñesa, cunha imaxe de Eduardo Barro nun lugar icónico da cidade da Coruña, durante a eclipse lunar de xaneiro do ano 2019 foi a imaxe con texto máis vista. A propia galeria de imaxes da eclipse recibiu máis de 9 000 visitas. Teremos que gardar ao ano 2021 para gozar dun espectáculo similar. Neste ano 2020 haberá 4 eclipses lunares pero serán de tipo penumbral, polo que pasarán desapercibidos. A Lúa, en vez de pasar polo cono de sombra que proxecta a Terra no espazo atravesará a parte de penumbra, os raios solares filtrados e refractados pola atmosfera, polo que non se escurecerá coma nas eclipses totais.

A segunda imaxe máis vista tiña un título que o dicía todo: “Tres planetas, unha viña e unha perseida”, obra de Antonio Paz Vázquez. Publicada en agosto permitía recoller un deses eventos anuais que máis atraen ao público e aos medios. Se ben este ano 2019 non foi nada espectcular, desta volta promete que o 2020 compensaremos cun másimo máis preto da Lúa nova.

A terceira foi un vídeo captado polas cámaras o Observatorio Astronómico Ramón María Aller que recolle a caída dun bólido nos ceos composteláns. Foi titulada “unha estrela menos“.

Na cuarta imaxe optamos por un autor novel, Igor Piñeiro, que publicou por primeira vez neste proxecto no inverno pasado. Na espada do cazador serviu para darlle a benvida. De aí xa pasou incluso a contar cunha imaxe no noso calendario deste ano #CeosGalegos20.

No quinto lugar, baixo o título de “están tolos estes terráqueos“, unha das novas do espazo durante este ano pasado. Obra de Borja Álvarez Sánchez, tirada ao carón do Observatorio de Cotobade da Asociación Astronómica Sirio, a posta en marcha deste sistema de satélites artificiais pode supoñer a condea de toda a astronomía profesional e afeccionada do planeta. Xa non abondaría con saír das cidades para fuxir da contaminación luminosa, habería que irse a outro planeta para ter un ceo escuro e sen os centos de luces movéndose que se anuncian para o futuro inmediato.

En resumo, un ano 2019 que para este proxecto supuxo:

  • 75 imaxes publicadas cos seus textos didácticos
  • 3 galerías especiais de imaxes nos eventos astronómicos máis sobranceiros
  • case 69 000 visitas á esta web, cun notable medres respecto ás 46 000 do ano 2018
  • un promedio diario de 190 visitas
  • colaboracións con varias asociacións de astrónomos amadores do país: Asociación Sirio de Pontevedra, Clube Compostelán Vega de Astronomía, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, programa da Radio Galega Efervesciencia, AstroGalicia: a festa galega da astronomía, festival de ciencia Divulgacción…

Benvidos ao 2020, un ano cheo de moitas imaxes, moita divulgación, moitos proxectos e moitas ideas novas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Un mar de nubes

É a curiosidade a que disipará a brétema para verte en Arousa. No luar. Estíbaliz…Espinosa en #CeosGalegos21 Sempre hai unha primeira vez. Todos tivemos unha

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

Deixa un comentario