Contos de #CeosGalegos20 (v): illas máxicas

Créditos da imaxe: Marcos Gestal

Vivimos nun lugar privilexiado. O noso planeta, queremos dicir. Situado nos arrabaldes da galaxia, as noites escuras abráiannos coa contemplación do seu plano central. Todas as estrelas que vemos o ceo son compañeiras do Sol. A franxa abrancuzada que atravesa o ceo é a parte central da Vía Láctea, coa maior concentración de estrelas, po e hidróxeno que esparexen a luz estelar.

Vivimos nun lugar privilexiado. O noso país, queremos dicir. No extremos noroccidental da vella Europa permite, incluso en lugares con moita contaminación luminosa, mirar cara o océano para ter un ceo escuro. O exceso de alumeado público, o seu mal deseño, a súa mala orientación, están a furtarnos un dos espectáculos máis marabillosos e de balde, a contemplación do ceo estrelecido. A súa lectura nos leva a orixe da humanidade, ás constelacións babilonias (inventores da escritura), á mitoloxía grega (inventores da filosofía e a ciencia), á… nós mesmos.

Vivimos nun lugar privilexiado. Temos montañas, praias, bosques, ríos, pedras talladas hai milleiros de anos, cidades históricas, cidades modernas… O Parque Nacional das Illas Atlánticas espállase por gran parte da nosa costa occidental. Entre os seus moitos atributos, goza da certificación “Destino Turístico Starlight”. Este ano toca renovación. É probable que  a supere, polos pelos. O efecto cada vez máis perigoso do alumeado excesivo da cidade de Vigo pode provocar a súa perda no futuro. Pero iso case é o de menos. Ese alumeado afecta a paxaros, insectos e outros seres vivos que comparten connosco este lugar  privilexiado. O noso país, o noso planeta.A imaxe enmarca o faro da Porta coa Vía Láctea de leste a oeste. Tan fermosa que dálle a benvida ao mes de abril na edición #CeosGalegos20 #GalicianSkies20. É unha imaxe panorámica composta a partires de 21 fotografías individuais, en dúas filas, todas con 20 segundos de exposición. O autor axudouse dun filtro de anticontaminación luminosa para reducir a esfera luminosa da costa.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Contos de #CeosGalegos20 (v): illas máxicas”

Os comentarios están pechados.