Mellores imaxes 2019: resultado votación popular

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Marcos López Alonso

Estes son os resultados da votación popular que estivo aberta ata a noite de reis, despois de depurar algunha das contas de usuario que non fomos quen de verificar. Comprácenos que varias das imaxes aparecen na edición #CeosGalegos20 #GalicianSkies20. Algunha xa foi publicada nesta web ao longo do ano 2019. Premendo na imaxe poderás vela a tamaño completo.

Os premios, xunto cos do xurado que aínda está a deliberar, serán entregados na Gala Oficial o 19 de xaneiro de 2020 no restaurante Náutico de Castrelo (Castrelo de Miño, Ourense). Uns días antes anunciaremos se quedan prazas libres, por se hai algún interesado en asistir á gala e ao xantar temático posterior. Asistirán todos os premiados (cun acompañante). Así que poderás coñecelos.

  1. Con telescopio:
    1. Messier 33, a galaxia do triángulo; Marcos López Alonso.
    2. Andrómeda Messier 31; de Sete Vázquez Gentil e NGC 7000, a nebulosa Norteamérica; Marcos López Alonso (empatados a votos).
  2. MeteoFoto:
    1. Bólido celeste sobre Ortegal de Pablo Pérez Busto e Tardes de fuego; de Sete Vázquez Gentil (empatados a votos).
    2. Raio sobre o Xistral; Marcos López Alonso.
  3. Paisaxes celestes:
    1. Lagoa de Louro; de Alejandro Nieto.
    2. Fervenza de estrelas; de Fins Eirexas.
    3. Ra nun río de estrelas; de Lucía Canda Lino.
  4. Sistema Solar:
    1. Eclipse de Ío sobre Xúpiter; de Marco Vilar.
    2. Deformándose a mancha; de Lucía Canda Lino.
    3. Tránsito; de Fins Eirexas.
  5. Xente e ceo:
    1. Sombras en Pena de Rodas; de Alberto Leiras.
    2. Unha noite de verán; Marcos López Alonso.
    3. Lago de Muras; de Alberto Leiras.

A imaxe desta nova é, precisamente, a galaxia do Triángulo, premio do público na categoría “con telescopio”. Pero ademais é unha das escollidas por nós para a edición deste ano de #CeosGalegos20 #GalicianSkies20. Se queres levala para casa, xunto cou outras 13 fermosurs do noso ceo, apura que se van rematando. Pregunta nalgunha das 40 librarías da nosa rede ou pídea na web.

Foi realizada a partires dun total de 43 tomas de 5 minutos cada unha, cunha cámara Nikon D850 acoplada a un telescopio e montura con seguemento motorizado. O lugar de realización foi o favorito para o autor, O Viveiró, no concello lucense de Muras.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

Poderías gostar de...

Unha de meigas

Créditos da imaxe: Raúl Matos Unha nube? Unha ovella? Unha meiga? Xogar a ver formas nas nubes cósmicas pode ser tan divertido como xogar a

Xogando coas cores

Imaxe: Miguel Sánchez Varela. Procesado: Iago de la Fuente Vemos o invisible. Porque o que se ve nesta imaxe non se ve. Mellor dito, non

Procura

Subscríbete!

Calendario Ceos Galegos 2021

1 comentario en “Mellores imaxes 2019: resultado votación popular”

Deixa un comentario