Gala astronómica

Imaxes, fotógrafos/as e astronomía. Que máis se pode pedir para unha mañá de domingo de inverno?

Emoción. Si, emoción. O domingo 19 de decembro vai ser a gala anual de entrega de premios do noso concurso anual ás mellores imaxes do 2019. E os fotógrafos/as saben que están premiados, pero non saben se no primeiro, segundo o terceiro posto. Algún nin sequera sabe para cal das imaxes que mandaron ao concurso. Así que haberá emoción, si. E moita ciencia. Porque presentaremos as imaxes e falaremos, como corresponde, de física, de química, de bioloxía, de fotografía, de arqueoloxía… ata de astronomía. Porque no ceo galego está todo.

E música, por certo. Co acompañamento musical de Juan Vázquez que nos ofrecerá un fondo co partituras medievais e, en certo modo, astronómicas.

Este é o programa:

12:00 Gala con presenza dos premiados. Presentan:

  • Manuel Vicente (programa Efervesciencia da RadioGalega)
  • X. Dosi Veiga (editor principal)
  • Música en vivo: Juan Vázquez (partituras medievais/“astronómicas”)

A asistencia é libre pero con reserva, pois a sala ten prazas limitadas.

14:30 Menú temático no restaurante do Náutico de Castrelo

Prazas limitadas. Podes reservar a túa cun prezo de 20 € persoa, (12 € menores acompañados).

Para reservar, no tel.: 988 493 245, no noso correo info ARROBA ceosgalegos.com ou na nosa conta de Twitter.

Ah, os premiados son: Igor Piñeiro, Lucía Canda, Pablo Martínez, Marco Vilar, Alejandro Nieto, Fins Eirexas, Marcos López, Julio Castro, Noa Táboas, Óscar Blanco, Alfredo Madrigal, Miguel Sánchez, Alberto Leiras, Pablo Pérez, Enrique García. E todos (agás un) confirmaron asistencia.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024