Ceos Galegos19: premios do xurado “MeteoFoto”

Nubes, nubes nacaradas ou noctilucentes, halos, meteoros e outros fenómenos da atmosfera, tanto superior coma inferior. Tormentas, lóstregos, arcos da vella e demais fenómenos naturais. Unha mostra dos temas que entran nesta categoría son os recollidos na web https://atoptics.co.uk/. O xurado do concurso anual das mellores imaxes dos Ceos Galegos 2019 acordou entregar os seguintes premios:

  • Primeiro premio. Ex aequo.
  • “Solpor tralo faro de Cíes” de Noa Táboas. Unha escena digna dun mundo de ciencia ficción. O perfil da rocha parece en chamas, ante a ollada do faro; este parece brillar retando ao sol. Un encadre magnífico.
  • “Solpor dende o Monte dos Forcados” de Igor Piñeiro. Espectacular. A forza do pequeno Sol domina toda a escena, cálido e luminoso arrodeado do azul do ceo e o mar, un azul roto pola luz solar que se espalla verticalmente dándolle á imaxe un xogo de luces e simetrías con moita forza.
  • Terceiro premio: “Bólido celeste sobre Ortegal” de Pablo Pérez Busto. Se foi complexa a primeira escolma entre as fotos presentadas, escoller as tres primeiras aínda o foi máis. Pero ser quen de captar ese momento, de facelo con ese ceo e nesa paisaxe, faina única e digna de estar nunha lámina. Moitos parabéns.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

1 comentario en “Ceos Galegos19: premios do xurado “MeteoFoto””

Os comentarios están pechados.