Ceos Galegos19: premios do xurado “Sistema Solar”

Categoría “Sistema Solar”

Fotografías do Sol (incluíndo eclipses e tránsitos), da Lúa (incluíndo eclipses e ocultacións de estrelas ou planetas), de planetas, cometas, asteroides e outros astros achegados. O xurado do concurso anual das mellores imaxes dos Ceos Galegos 2019 acordou entregar os seguintes premios:

  • Primeiro premio: “Tránsito” de Fins Eirexas. Hai que se esforzar en albiscar ao minúsculo Mercurio sobre o disco solar, que parece ter un pequeno dobre na lanterna do faro. Foto encantadora. Un belo espectáculo de dous creadores de luz, dous ollos no horizonte que equilibran as súas forzas competindo en formas visuais. O faro parece estar contemplando o mesmo tránsito co seu pequeno ollo de pecho.
  • Segundo premio: “Eclipse lunar” de Alfredo Madrigal. Nidios mares de vermello e tella perfilados cun detalle tan aguzado que case podes tocala. Fermosa paisaxe lunar acompañada de estrelas, a súa beleza é impactante. 
  • Terceiro premio: “Lúa en detalle” de Miguel Sánchez. A atormentada rexión austral polar da Lúa é sempre moi agradecida nas fotos de escoller unha fase correcta para o xogo de luces e sombras nesa multitude de cráteres.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024