Ceos Galegos19: premios do xurado “xente e ceo”

Categoría “Xente e ceo”

Fotografías do ceo nocturno que inclúan xente ou elementos que amosen a presenza ou influencia do ser humano. Imaxes nas que apareza unha ou varias persoas ou elementos de natureza humana. Imaxes evocadoras ou motivadoras sobre calquera idea ou concepto relacionado co ceo, a astronomía ou as ciencias do espazo. O xurado do concurso anual das mellores imaxes dos Ceos Galegos 2019 acordou entregar os seguintes premios:

  • Primeiro premio: “Rocadragón” de Julio Castro Pardo. Unha gran  composición. Toda a escena está moi ben iluminada con diferentes elementos (a rocha, o faro) moi ben escollidos. A rocha certamente semella un dragón co xogo de luz e sombra. Falando de luz, a da lanterna do faro de Nariga está moi ben tratada, moi ben distribuída na escena. No ceo podemos ver a Vía Láctea cara o sur e moi natural, agradécese que non estea sobreprocesada. O autor tivo o coidado de incluír a Xúpiter na toma, a piques de poñerse tralo horizonte. No extremo oposto aprece unha estrela fugaz.
  • Segundo premio: “Star-trails al paso del tren” de Pablo Pérez Busto. As vías férreas sempre terán o seu papel na vida galega, aínda que lle quiten os trens. Alguén de Renfe debería ver esta foto e chorar de vergoña diante de tanto amor visual.
  • Terceiro premio. Ex aequo.
  • “Casa en ruinas” de Alberto Leiras. Técnica básica e verdade elemental e universal: 30 segundos son suficientes para escenificar o que somos e facemos  no cosmos.
  • “O faro das estrelas” de Alejandro Nieto. Título fermoso para unha imaxe que nos leva a mirar, por se a luz do faro chega a descubrir alguén perdido por alá arriba. Vertical marabillosa.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024