CeosGalegos19: premios do xurado “con telescopio”

Categoría “con telescopio”: obxectos de espazo fondo accesibles só mediante telescopio ou teleobxectivo. Inclúense obxectos da nosa Vía Láctea: estrelas, cúmulos, restos de supernova e outros fenómenos galácticos. Fotografía de obxectos do espazo fondo máis alá da nosa Vía Láctea, incluíndo galaxias, cúmulos galácticos, choques galácticos… O xurado do concurso anual das mellores imaxes dos Ceos Galegos 2019 acordou entregar os seguintes premios:

  • Primeiro premio: “Tesouros de Casiopea (M52 e Burbulla)” de Pablo Martínez Alemparte. O campo que cobre a imaxe é de pouco máis dun grao (equivalente a dúas lúas cheas). As tomas individuais son de 300 segundos de exposición para cada imaxe. Iso require unha posta a punto tremendamente fina. As estrelas están perfectamente guiadas. A posición no ceo de Casiopea, tan preto da polar, fai que o seguemento sexa un pesadelo.
  • Segundo premio: “NGC7000 – Nebulosa Norteamérica” de Marcos López Alonso. Diferéncianse moi ben as estrelas de diferentes magnitudes e as cores, pero sen amolar nin destacar moito sobre o fondo. Si é certo que a nebulosa aparece algo máis brillante do habitual, pero é unha foto moi equilibrada e moi natural de ollar no seu conxunto.
  • Terceiro premio. “Silmarilli” de Fins Eirexas. Non é habitual ter imaxes nas que se captan á vez esas nebulosidades de Casiopea mailo veciño Dobre Cúmulo de Perseo. O contraste de cores entre as nebulosas avermelladas e as estrelas azuladas do cúmulo conforman unha toma bonita.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024