Nubes arrepiantes

Créditos da imaxe: Lucía Candal

Vai chover! Pois non. 

As aparencias e as tradicións ás veces enganan. Este tipo de formacións nubosas non teñen que indicar que vaia caer unha boa chuvia. Realmente, falan dun equilibrio nas correntes entre o exterior e o interior da nube. Deste xeito, os aires ascendentes e cálidos foron pulindo a formación nubosa con aire frío que pretende descender. A loita entre esas correntes vai formando as estruturas alternas cóncavas e convexas, esas formas de mamas, que lle dan o apelido.

Aínda que ás veces reciben o nome xenérico de nubes mammatus, en realidade o nome desta nube é altostratus, sendo mamma unha das posibles variantes especiais. Así se recolle no Atlas Internacional de Nubes editado pola WMO ou Organización Meteorolóxica Mundial.

A nube cobre gran parte do ceo e, neste caso non opaca ao sol porque este está moi baixo no horizonte. E así provoca ese xogo de luces e sombras nas liñas de mamas que provocan o efecto arrepiante.A formación destas estruturas de mammas é complexa e aínda está en estudo. Parece que hai dous mecanismos principais, que poden actuar por xunto ou separado. En primeiro lugar é preciso que haxa inestabilidade na base da nube;  a existencia de aire seco favorece a súa formación. En segundo lugar, os contrastes entre as temperaturas da base da nube e a troposfera inferior seca xera desestabilizacións no aire da nube e produce capas mesturadas, aparecendo as mammas nas correntes descendentes de lóbulos flotantes de aire seco do interior da nube.

Poderías gostar de...

Un cometa sobre a catedral?

As apariencias enganan, unha vez máis. A imaxe parece amosar un cometa sobre a catedral de Santiago de Compostela cunha atmosfera postapocalíptica con esa cor

Oito minutos de meteoro

Iso foi o que captou o noso colaborador. Na choiva de meteoros das xemínidas destes días pasaron oitos minutos entre a primeira imaxe e a

Un billón de estrelas

En realidade, nesta imaxe hai moitas máis. Ese é o número de estrelas estimado para a galaxia de Andrómeda, que enche a foto. A veciña

Procura

Subscríbete!

Ceos Galegos 2024

4 comentarios en “Nubes arrepiantes”

  1. Hola. Es una preciosa foto abarrotada de volúmenes en espiral, como si fuese un crustáceo celeste que enmarca el faro de la mar. Gracias por tan completa y científica explicación del fenómeno. Un saludo. ?

Os comentarios están pechados.